Resumo das recomendacóns de evidencias

0 comentarios comentarios

Resumo das recomendacóns de evidencias

As evidencias científicas e recomendacións expostas nesta guía práctica foron o resultado da avaliación e análise das fontes de información bibliográfica consultadas como referentes (guías de práctica clínica, guías baseadas na mellor evidencia, outros documentos baseados en evidencia, revisións sistemáticas e artigos orixinais), para a elaboración desta polo método de lectura crítica e de consenso por grupo nominal entre autores e panel de expertos.
A clasificación do nivel de evidencia e a gradación das recomendacións mantívose respectando a fonte orixinal consultada e a escala de evidencia que utilizou. Para iso, seguiuse o método que desenvolve o CENETEC (Centro Nacional de Excelencia Tecnolóxica en Saúde) de México na elaboración das súas guías de práctica clínica (GPC):
Clasificar co símbolo [E] aquelas evidencias que aparecen publicadas nalgunha GPC, seguidas pola súa clasificación alfanumérica (calidade do estudo, se esta referenciada) e cita bibliográfica.
Categorizar co símbolo [R] a aquelas recomendacións identificadas por algunha GPC, seguidas pola súa forza de recomendación (por niveis A-B-C-D, en orde decrecente segundo a importancia clínica, ou pola súa gradación en alta-moderada-baixa evidencia).
Identificar co símbolo [BP] aquelas accións e/ou actividades consideradas como boas prácticas, que non están referenciadas ou avaladas por ningunha GPC, pero que aparecen noutros documentos baseados na evidencia (guías de boas prácticas clínicas, vías clínicas, protocolos baseados na evidencia etc.) e cuxa evidencia se obtivo a través de revisións sistemáticas, metaanálises, ensaios clínicos etc.
As escalas sobre o nivel de evidencia e o grao de recomendacións que se describen nos contidos desta guía práctica, pódense consultar a través das fontes bibliográficas referenciadas na táboa resumo de recomendacións / evidencias.
 

 Resumo das evidencias(gal).pdfResumo das evidencias(gal).pdf

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde